
31 Mar Publicadas as bases de novas axudas para explotacións agrícolas e agricultores mozos
O Diario Oficial de Galicia fixo públicas as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Unhas accións enmarcadas dentro do Programa de desenvolmento rural de Galicia 2014-2020 que se convocan para este 2017 e que son cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
A finalidade destas axudas consiste en:
- Mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización
- Facilitar a entrada no sector agrario de agricultores formados e favorecer o relevo xeracional
As personas interesadas en presentar a solicitude dispoñen do prazo de 1 mes a contar desde o día seguinte da publicación no DOG, é dicir, desde o 1 de abril. Preferiblemente a presentación farase por vía electrónica a través dun formulario que se atopa na sede eléctronica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Para consultar os requisitos dos beneficiarios e toda a información pincha aquí.
No hay comentarios